Estamos nunha situación intermedia que fai que teñamos os ceos con nubes e máis claros na metade oeste e con chuvascos máis probables polo norte onde a cota de neve irá descendendo ao final do día ata 800 metros. As temperaturas máximas descenden de xeito moderado, tamén polo nordés que sopra con refachos fortes no litoral atlántico.