A semana empeza coa chegada dunha fronte pouco activa, que trae consigo un aumento de nubes e algunha precipitación de carácter feble e ocasional, máis probables no extremo norte e noroeste. Brétemas costeiras no litoral atlántico ao final do día. As temperaturas sofren un descenso notable, con máximas de 24 graos na Coruña, 25 en Vigo ou 34 en Ourense