A semana arranca con inestabilidade atmosférica que trae aire frío dende o norte. Dende primeira hora, ceos moi nubrados e precipitacións intermitentes. A tendencia é a apertura de claros, ainda que seguirán algunhas chuvias débiles e ocasionais no norte. Descenso xeral de temperaturas, con mínimas de 11 graos en Lugo, e cunha caída de ata dez graos nos valores máximos, que chegarán a 25 en Ourense. 12/07/2021