Unha borrasca situada ao norte trouxo de novo choivas localmente fortes que irán remitindo nas últimas horas do día pero que poden ser especialmente intensas na provincia de Pontevedra onde está activa unha alerta amarela. En Vigo xa caeron case 60 litros por metro cadrado. As temperaturas, sen cambios significativos. As máximas oscilarán entre os 13 graos previstos en Lugo aos 18 que agardan en Pontevedra.