Toda a costa galega en alerta amarela por ondas que poden chegar aos 5 metros. O vento do sur trae aire húmido e cálido que fai que as temperaturas sigan en valores moi suaves, con máximas que oscilarán entre os 16 graos de Lugo aos 19 de Ourense. Ceos nubrados e orballos á espera de que á noite chegue unha fronte fría que deixará chuvias que poden ser fortes. 11-12-23