Aumenta a inestabilidade o que se traducirá en ceos máis cubertos e chuvascos fortes con treboadas polo que se activan alertas durante a tarde en boa parte da comunidade. As temperaturas empezan a baixar ás portas dunha fin de semana na que agardamos chuvias intermitentes o sábado e tempo máis seco o domingo con apertura de claros e temperaturas máis suaves