Comezamos unha semana de influencia anticiclónica e tempo seco en Galicia. Teremos ceos despexados ou con nubes altas, con bancos de néboa matinais e xeadas en zonas do interior. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, sobre todo as mínimas. Catro graos baixo cero rexistraron esta mañá nos concellos ourensáns de Baltar e Calvos de Randín. O vento soprará frouxo de compoñente leste. 11-01-2025