Seguimos baixo influencia das borrascas atlánticas, co paso dunha fronte activa de cara á noite. As precipitacións iranse estendendo e serán persistentes e fortes nas provincias da Coruña e Pontevedra nas últimas horas. Temperaturas altas para a época. O domingo un potente anticiclón impedirá o paso das borrascas a vindeira semana. 10-01-2025