Tras unha xornada que deixou mais de 200 incidencias en Galicia, hoxe continuamos con ceos anubrados e chubascos illados, que foron remitindo ao longo da mañá. Arestora queda tamén desactivada a alerta laranxa no mar, vixente durante a mañá por ventos de 90 kilómetros por hora e ondas de ata sete metros. As temperaturas, suaves e sen cambios, con mínimas de 8 graos en Lugo e por riba dos 10 graos no resto de Galicia, e máximas aos 17 na Coruña e Vigo. 09-01-2025