Volven as alertas por chuvias á fachada atlántica. Aviso amarelo porque poden caer ata 50 litros por metro cadrado en doce horas. A responsable, unha fronte que atravesa a comunidade provocando temporal no mar e vento. As temperaturas suben e as máximas quedan en xeral por riba dos 15 graos. 08-11-23