O anticiclón móvese cara o norte ao que vai permitir á entrada de aire frío e un aumento da inestabilidade atmosférica. Os ceos fóronse cubrindo e agora pola tarde prevense chuvascos tormentosos. De feito, esta activa unha alerta amarela no interior de Pontevedra, noroeste de Ourense e sur de Lugo porque poden descargar ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. As temperaturas con poucos cambios. As máximas oscilarán entre os 19 graos previstos en Lugo e os 25 que agardan en Ourense.