Unha nova borrasca situada ao oeste de Francia collerá a Galicia dentro do seu radio de acción, enviando unha fronte fría moi activa nas primeiras horas. Así, será un día de ceo parcialmente cuberto con precipitacións xeneralizadas, máis frecuentes e intensas na metade oeste, onde poden vir acompañadas de sarabia e aparato eléctrico. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará forte do suroeste con refachos superiores aos 80 km/h