Unha fronte moi activa, que arrastra moita humidade, afecta hoxe á península. En Galicia deixou chuvias intensas pola mañá, con acumulados superiores aos 70 litros por metro cadrado. Pola tarde van ir remitindo progresivamente. As temperaturas experimentan un moderado ascenso. Vento forte do suroeste, que rozou os 140 quilómetros por hora de madrugada en Cedeira, e que vai amainando. A cota de neve baixa aos 1.200 metros pola noite. 07-12-23