Sen alertas por primeira vez en moitos días. As chuvias e chuvascos da mañá remiten á tarde. Soben as temperaturas, tanto as mínimas coma as máximas que chegarán aos 15 graos en moitos puntos, agás en Lugo onde quedarán nos 11. Un pequeno respiro, porque esta noite achégase unha nova fronte que deixará chuvias intensas na xornada do mércores. 07-11-23