Comezamos semana con ceos nubrados e mesmo algunha chuvia, pero co avance do día as nubes persistirán soamente no norte da Coruña e Lugo. O resto de Galicia quedará con sol e vento do nordés, que se irá intensificando. As temperaturas serán normais para esta época, con máximas en descenso. Rozarán os trinta graos na metade sur, pero apenas pasarán dos vinte no norte. A partir de mañá volven subir e as altas presións deixarán unha primeira metade de semana de tempo seco e caloroso.