Despois do paso dunha fronte de madrugada, quedamos con chuvascos, que irán remitindo co avance da xornada, e entrada de aire frío. A cota de neve baixa ata os mil metros pola tarde e as temperaturas descenden. Na fin de semana chega unha fronte cálida, que fará subir as mínimas e deixará algún orballo. 07-02-2025