Achégase a Galicia unha nova borrasca procedente das Azores que está a deixar ceos cubertos con chuvias, máis persistentes na metade oeste, e ventos fortes do suroeste con refachos que superan os 80 km/h no litoral e en zonas altas. MeteoGalicia mantén activo desde este mediodía o aviso laranxa na costa pola mala mar. A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, diques e paseos marítimos. Soben lixeiramente as temperaturas con mínimas de 4 graos en Lugo e 7 en Ourense e máximas que acadan os 16 graos na Coruña, Vigo ou Pontevedra.