As mínimas caeron ata unha grao e medio negativo en Cervantes nos Ancares e con apenas un grao positivo en Lalín, Sarria ou Antas de Ulla. As máximas roldarán os 15 graos polo norte e os 22 polo sur. Mantense o tempo estable con altas presións que continuaran sobre as illas británicas ata mañá. Sopra nordés con intervalos fortes na costa da Coruña.