Día moi húmido polo vento do oeste, vento marítimo que achega moita humidade e chuvias febles na franxa atlántica. As temperaturas mínimas baixaron e as máximas con poucos cambios seguirán en valores baixos para a época do ano. Temperaturas que volverán ser elevadas a partir do domingo pola entrada dunha masa de aire cálido.