A chuvia danos unha pequena tregua hoxe e mañá, con máis nubes na costa atlántica, posibilidade dalgun orballo a última hora do día e ceos máis despexados á tarde sobre todo no interior. As temperaturas mínimas baixan e as máximas quedan sen cambios. No mar, toda a costa está en alerta por ondas que poden chegar aos cinco metros.