Frío e con chuvias, que poden vir acompañadas de treboadas e sarabia. Tamén moito vento, sobre todo no litoral, onde hai alerta por mar de fondo e ondas de 4 a 5 metros. Ese vento contribúe a aumentar a sensación de frío. Mínimas de 4 graos en Lugo ou Santiago e máximas que non superarán os 13 graos. A cota de neve baixa ata os 800 metros, e xa vimos nevaradas intensas en lugares coma O Cebreiro. 05-01-23