A actividade ciclónica no Atlántico promete chuvias intensas para os próximos días. De momento, continuamos co ambiente algo húmido pero en xeral os ceos han quedar despexados ata a noite na que se poderían rexistrar algúns orballos. Mañá entra unha fronte que deixará sobre todo chuvia durante a madrugada con aviso amarelo no sur da Coruña e en Pontevedra