Seguen a subir as temperaturas co anticiclón entrando en forma de cuña pero con baixas térmicas sobre a península que nos deixan de novo un día ventoso sobre todo na costa. Día de nubes e claros e chuvascos que serán máis probables no interior. Mañá seguirá a situación anticiclónica con baixada de temperaturas, máis acusada o domingo pola chegada dunha fronte que deixará moito fresco sobre todo no norte cos termómetros que apenas chegaran aos 20 graos.