Seguen a subir as temperaturas, que poden chegar a 22 graos en Ourense.Axuda nese ascenso térmico o vento do sur que se intensifica con alerta amarela na costa coruñesa. A chuvia dá unha tregua durante o día, pero á noite agardamos a chegada dunha fronte que nos envía a borrasca Olivia, con precipitacións que se farán notar sobre todo na franxa atlántica, menos probables no leste da comunidade. 04-04-2024