Unha nova fronte fría deixa chuvia e ventos fortes nas primeiras horas da mañá e comeza a entrar o aire frío que trae detrás. Así que quedamos cun día de chuvascos, que irán perdendo intensidade co avance da tarde. A cota de neve irá baixando ata os 800 metros. As máximas nas principais cidades oscilan entre os catorce graos de Vigo e a Coruña e os dez de Lugo.