As borrascas atlánticas están xa moi preto e hai aviso amarelo polo vento do sur, forte entre as Rías Baixas e Ortegal, e por precipitacións, máis persistentes na franxa atlántica e na metade norte. As temperaturas mínimas experimentaron un lixeiro ascenso mentres que as máximas, sen cambios significativos. O domingo unha fronte pasará sobre todo o territorio con chuvias xeneralizadas, persistentes e de intensidade moderada. O día de Reis estará marcado pola a entrada de aire frío