O litoral das provincias da Coruña e Lugo están en aviso laranxa por ventos fortes e ondas que poden chegar aos seis metros. En terra, máis tranquilo. Estamos nunha situación intermedia entre dúas borrascas con ventos húmidos do suroeste. Temos ceos nubrados, pero apenas precipitacións. Se as hai serán débiles e con máis probabilidade na metade oeste. As temperaturas baixan lixeiramente. 03-01-23