A primeira semana de setembro principia con chuvias nas primeiras horas que foron desaparecendo coa avance da mañá e será moi illadas e ocasionais á tarde. As temperaturas baixaron. Notámolo sobre todo nas máximas, que hoxe son máis frescas. En xeral han quedar arredor dos 20 graos, agás en Ourense, onde como moito chegarán aos 25 nas horas centrais do día. Unha tendencia que se manterá ata mediados de semana, cando se agarda que aumente a inestabilidade.