Remite a vaga de calor despois de varios días de temperaturas extremas. Unha fronte pouco activa deixa ceos moi cubertos polo norte con algúns orballos e máis despexados no sur. As temperaturas, sobre todo as máximas sufrirán un notable descenso en áreas do interior de máis dez graos. En Lugo, os termómetros quedarán nos 20 graos, temperatura semellante a da Coruña, Santiago ou Ferrol. Nas Rías Baixas chegarán os 27 graos e a 29 en Ourense. Os ventos soprarán do nordés moderados en xeral, fortes no litoral atlántico.