Xornada con centos de lóstregos e tronadas. Case 700 raios caeron sobre Galicia nas últimas 24 horas, a maioría entre as 5 e as 8 da mañá. Alerta por treboadas que serán máis intensas na segunda metade do día. Poden caer ata 15 litros por metro cadrado nunha hora e vir acompañadas de sarabia. As chuvias seguirán a acompañarnos na fin de semana na que agardamos baixada de temperaturas.