Agardamos a chegada dunha borrasca con nome, NURIA. O día abre con máis claros ca nubes pero co avance da xornada a atmósfera adquire inestabilidade. Medrarán nubes de evolución que poden deixar chuvascos treboentos localmente fortes. Dende primeira hora da tarde, alertas amarelas na metade norte da comunidade porque poden caer ata 15 litros por metro cadrado nunha hora e vir acompañadas de saraiba. As temperaturas descenden. O vento soprará forte especialmente na costa norte da provincia da Coruña.