Estreamos 2024 co primeiro temporal do ano. Unha fronte que obrigou a activar a alerta laranxa esta mañá no litoral coruñés, pola forte ondaxe pero sobre todo polo vento, con refachos que superaron os 100 quilómetros por hora en varios puntos de Galicia. Polo de agora, o temporal non deixou incidencias de gravidade. O máis salientable, unha arbore caída que interrompeu a liña ferroviaria entre Ferrol e Oviedo 02-01-23