O aire cálido empeza a retirarse lentamente cara ao sur, o que fará que as temperaturas descendan. Seguirá altas no interior en Ourense e na montaña e sur de Lugo en alertas porque as temperatura roldarán os 34 a 40 graos. No resto, 26 graos de máxima agárdanse en Santiago e ao redor dos 29 en Pontevedra e Vigo. Na Coruña seguen con máximas de 22 graos nunha tarde na que medrarán nubes de evolución e con ventos do norte na costa que sopraran con intervalos fortes nas rías Baixas.