Segue a mandar o anticiclón, con algo de nordés que se nota sobre todo no litoral e que fai que as temperaturas sexan algo máis baixas sobre todo polo norte. No resto, despois dunha mañá con algunhas néboas e a algo máis fría, os ceos quedan despexados con algunhas nubes altas.