Primeira nevada da tempada nas montañas orientais de Galicia. A comarca dos Ancares está en alerta amarela por acumulación de ata dez centímetros que xa se rexistraron nas zonas máis altas. Recoméndase precaución nas estradas, sobre todo nas secundarias | Volven os bonos activa comercio. A Xunta reactiva con outros dous millóns e medio de euros estas axudas, despois do éxito conseguido e de que se esgotase o crédito inicial en só dous días | A vila ourensá de Ribadavia gaña o concurso "Xuntos brillamos máis”, que convoca a marca de bombóns Ferrero Rocher. Ribadavia foi o pobo máis votado polo público derrotando na final á localidade alacantina de Biar. O premio é unha iluminación especial de Nadal que se vai inaugurar o próximo xoves