Alfonso Rueda responde ante a comisión do Parlamento que investiga os contratos públicos con empresas vinculadas a familiares de dirixentes do PP. Ante as críticas da portavoz do BNG Ana Pontón, e do socialista Gómez Besteiro, Rueda asegura non se cometeu ningún tipo de irregularidades | Galicia acollera a máis migrantes na primeira quincena de decembro. Segundo a delegación do goberno, crearanse novos centros de acollida en Burela, Valga e Padrón con trescentas cincuenta prazas en total. Ademais ampliaranse as prazas xa existentes | Algunhas cidades como Vigo levan xa quince días coas luces prendidas, noutras como Santiago a iluminación acéndese hoxe. Hai concellos como o de Allariz nos que prefiren unha celebración sostible, con moita reciclaxe e un gasto mínimo