Paralizada a actividade da louseira Irosa de Valdeorras. Unha comisión xudicial executa o desafiuzamento, trala sentencia do Tribunal superior de Xustiza que deu a razón á comunidade de montes sobre a propiedade dos terreos. | A inflación baixa tres décimas en novembro, ata o 3,2 por cento. | A rede troncal para o transporte de hidróxeno verde dende a península ao resto de Europa non incluirá o tramo Guitiriz-Zamora, segundo anunciou a Comisión Europea. | Sumar rexeita a posibilidade de ir en coalicion cos socialistas nas eleccions autonómicas galegas. 29-11-23