Os efectos da borrasca Kirk: Muros caídos, inundacións, árbores derrubadas, tellados levantados. Moitos problemas no tráfico por estrada e algúns tamén no ferroviario e no aéreo | Sesión de control no Parlamento: A Xunta dará o vindeiro ano axudas directas aos mozos para emanciparse e reservará para eles o 40 % da vivenda pública en aluguer | Axudar aos estudantes a decidir a que queren dedicarse no futuro. É o obxectivo do salón Edugal, en Pontevedra | Hoxe inaugúrase Simultánea, unha exposición que se mostra ao mesmo tempo nas sete sedes de Afundación en Galicia.