O lume non dá respiro. Sete incendios avanzan sen control nesta vaga que queima Ourense. O de Larouco, que leva arrasadas 20.000 hectáreas, é o máis grande rexistrado en Galicia e avanza xa por Lugo cara ao Courel | Catro traballadores do operativo contra os incendios están ingresados na Unidade de Queimados do hospital da Coruña. Tres deles graves e outro, un mozo de 18 anos, con prognóstico moi grave. Os catro foron vítimas do lume no incendio de Oímbra | Luis Insua, do Partido Popular, novo alcalde de Fisterra ao prosperar a moción de censura contra a rexedora Áurea Domínguez, de Alternativa dos Veciños, impulsada polo PP e un concelleiro díscolo do partido do goberno | En Cee, na Costa da Morte, a antiga factoría baleeira de Caneliñas segue en pé como recordo dun oficio que desapareceu. O Concello quere convertela nun centro de interpretación, pero os propietarios privados planean construír alí un cámping de luxo