Celebración do décimo aniversario de Filipe VI como rei e xefe do Estado, con entrega da Orde do Mérito Civil a 19 cidadáns en representación das comunidades e cidades autónomas. Entre eles, o director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Luís Foxo | O ministro de Transición Dixital presenta a AESIA, Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial, con sede na Coruña | Os socialistas do Carballiño e o Partido Popular chegan a un acordo para gobernar o concello en coalición. O pacto contempla que o socialista Francisco Fumega cederá a alcaldía no último ano de mandato, e desactiva o intento de moción de censura promovida por Espazo Común | Hoxe sae á venda 'Cuando la tormenta pase', a última novela do escritor pontevedrés Manel Loureiro. Un thriller trepidante, ambientado na illa de Ons, a única habitada do parque nacional das Illas Atlánticas, que narra a rivalidade entre dous clans familiares