O Sergas intensifica a repesca de persoas que quedaron sen vacinar xunto co seu grupo de idade. O Hospital clínico de Santiago participa nun estudo internacional con voluntarios para comprobar que a vacina de Pfizer é segura en nenos de entre 5 e 12 anos. // Ningún concello estará, a partir do sábado, en nivel alto de restricións. A gran maioría están en nivel medio-baixo. Os hospitalizados baixan a un total de 71. // O concello de Verín anula o proceso de selección dun posto de traballador social que foi gañado pola filla do alcalde. Unha comisión detecta irregularidades na realización da proba práctica, que foi suspendida polos demáis aspirantes. // A proliferación de grandes encoros e a decadencia dos mosteiros. Son motivos aducidos polos expertos da Unesco para desaconsellar que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade. Asociacións culturais piden que se replantexe a candidatura.09-06-2021