Mañá de temporal con media Galicia en alerta polas chuvias e vento. As precipitacións que por momentos descargaron con forza. // O vento irá amainando cara media tarde nun día no que o peor con todo está no mar. Hai alerta laranxa en todo o litoral por ondas que poden chegar aos 6 metros. // Un centro cultural de Ourense acolle por primeira vez unha exposición conxunta dos escultores Moxom e Tino Canicoba. Os seus estilos son moi diferentes porque un usa a navalla para tallar a madeira e o outro a motoserra. 09-03-2023