Os tradicionais sorteos de cestas de Nadal, en risco de desaparición. É o que din os hostaleiros e pequenos comerciantes, ante a normativa autonómica que obriga a inscribirse nun rexistro e outros requisitos que consideran de imposible cumprimento. As sancións van dende 100 a 600 mil euros | O polémico proxecto de Altri centrou hoxe a sesión de control parlamentario ao presidente da Xunta. O BNG pediu novamente que se desbote a megafábrica en Palas de Rei, mentres Rueda defendeu o proxecto da pasteira portuguesa | A Xunta valora positivamente o recente acordo entre a Unión Europea e Mercosur, ao reducir progresivamente máis do 90% dos aranceis. Considera que é beneficioso para os sectores industrial e automobilístico. Tamén o ve positivo para o sector agroalimentario