Unha manga mariña que tocou terra na costa da morte, chega a causar desperfectos en Vimianzo. Tellados levantados e un carballo centenario arrincado, ao paso dun fenómeno inusual de ventos moi fortes, ainda que sen danos persoais | Concentracións esta mañá, no Parlamento e outras institucións, para condenar o asasinato en Moaña de Fadoua Akkar, de 41 anos e veciña de Pontevedra | A Xunta vai triplicar os fondos destinados a vivenda nos presupostos do ano que ven, e eleva ao 2´1 por cento a previsión de crecemento da economía galega. Así o anunciou o Presidente Rueda na súa comparecencia no Parlamento para expoñer as liñas estratéxicas do seu goberno | O envío e recepción de imaxes eróticas a tráves das redes sociais medrou un nove por cento nos últimos anos entre os adolescentes galegos.