O Marisquiño, o certame vigués de deporte e cultura urbana, cumpre este ano un cuarto de século. O evento, que se localiza de novo na súa maior parte en Samil, aposta por facer desta edición a máis inclusiva da súa historia | A Confederación Hidrográfica do MIño Sil presenta un plan para poñer orde na navegación e as actividades náuticas nos encoros da Ribeira Sacra. Contempla Limitar a velocidade e regular o uso dos embarcadoiros deses auténticos mares da Galicia interior | Investigadores da Facultade de Veterinaria de Lugo cuantifican a caída de produción de leite das vacas debido á calor. Un fenómeno que se multiplica cando a vaga dura máis de tres días. Aconsellan medidas para mitigar as altas temperaturas nas granxas | Comenzan os traballos arqueolóxicos no xacemento do Castro Alobre, en Vilagarcía. O recinto acolle unha necrópole, unha cetárea e a antiga porta mariña de entrada á cidade. NUna ubicación estratéxica na Ría de Arousa