Trasladado dende o hospital no que estaba ingresado, en Vigo, o home acusado de matar a unha muller que apareceu no interior dun coche caido ao mar en Moaña, un crime confirmado xa como violencia de xénero. El resultou ferido e, unha vez dado de alta, está a ser conducido a prestar declaración xudicial ante o xulgado de Cangas | O concello de Muxía ten novo alcalde, o independente Javier Sar, tras prosperar esta mañá a moción de censura contra o socialista Iago Toba, apoiada polos tres concelleiros do Partido popular, os dous do grupo independente e a única representante do BNG | Os dous aficionados do Depor detidos onte nos disturbios relaciondados co partido contra o Málaga quedaron en liberdade, anque non se descartan novas detencións. Os sindicatos policiais denuncian que o dispositivo policial non foi axeitado