A liña Vigo-Coruña, a máis afectada pola xornada de folga dos servizos ferrovarios, que levou a suprimir hoxe máis de 40 viaxes en toda Galicia. Está convocada polo sindicato minoritario CGT. // A Plataforma SOS Sanidade Pública amplía a recollida de sinaturas para presionar á Xunta. Xa levan dezasete mil, case o dobre das que precisan para apoiar a iniciativa lexislativa popular que presentaron no parlamento. // O conselleiro de Sanidade atribúe os problemas da atención primaria á falta de médicos e culpa ao goberno central por retrasar a formación de novos facultativos. // 07-11-22