Libros de texto mais caros, e algúns con desabastecemento debido á dificultade das editoriais para adatar os cambios da lei educativa, é o que se están a atopar moitas familias ante o inicio, mañá, do curso escolar. // A Xunta anuncia un calendario de vacinación que deixa de ser infantil para extenderse a toda a vida. Incluirá a administración de tres novas vacinas e non descarta a posibilidade de incorporar unha anual para a Covid. // Enta en vigor a gratiuidade do tren Avant que fai o percorrido entre A Coruña e Ourense. O goberno central aprobou onte por decreto a bonificación deste traxecto que nun principio quedara excluido da campaña de abonos gratuitos para viaxeiros recorrentes que ven de activar Renfe. 07-09-22