Estabilizados os incendios en Salceda e As Neves, na provincia de Pontevedra, Nos que quedou desactivado o nivel dous de emerxencia. Son os que concentran agora mesmo máis efectivos. A mellora das condicións meteorolóxicas permite tamén avanzar na loita contra o lume nos incendios activos da Fonsagrada e As Pontes| A Xunta activa a situación de prealerta por escaseza de auga en 20 municipios, que deberán adoptar medidas de aforro. Son os integrados nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra e do Río Grande en Camariñas. É unha decisión da Oficina Técnica da Seca, ante o descenso dos caudais | A poboación de Galicia mantense por riba dos 2.700.000 habitantes, segundo os últimos datos do INE. A chegada de preto de 5.000 persoas procedentes doutros países, compensa a perda de 1.500 habitantes con nacionalidade española no último trimestre | O artista valdeorrés Iván Prieto, destacado pola sua persoal linguaxe escultórica, é hoxe o protagonista de EU SON, a nosa sección dedicada a novos crea