O Sergas volve abrir o sistema de autocitación para vacinar 55.000 persoas a próxima semana // Monforte, en Lugo, e Ordes, na Coruña, entran esta medianoite no nivel máximo de restricións // Varios municipios estanse rebelando contra o peche de oficinas bancarias. Os alcaldes advirten do prexuízo económico que vai supoñer para os negocios do rural e para os veciños // Unha sociedade galega lanza ao mercado o primeiro leite 'A2' producido en España. Trátase dun leite natural sen a proteína que provoca intolerancia ou molestias dixestivas. 27-08-2021